NOVA PÁXINA WEB

Para acceder a nosa NOVA PÁXINA WEB, preme no seguinte enlace:

www.12outubro.gal 
(páxina operativa dende o 18/08/20)

Horario verán

Durante o mes de xullo o horario do centro será de 9:00 h a 13:30 h e durante o mes de agosto de 10:00 h a 12:00 h

Calendario exames de setembro 2020

No arquivo adxunto tedes toda a información dos exames de setembro

CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021 NAS ENSINANZAS DE FPB

 

Presentación de solicitudes

1 o 11 setembro ata as 13:00

Listaxe alumnado admitido e non admitido

14 de setembro

Reclamación a listaxe

15 e 16 de setembro

Matriculación

14 – 21 de setembro

 

O alumnado repetidor de primeiro curso ou que teña promoción a segundo (**) presentará a solicitude de admisión e matrícula no mesmo centro que estivese matriculado no curso 2019 - 2020. O prazo para a presentación desta solicitude e o prazo para formalizar a matrícula son os arriba indicados.

 

 

(*) Qué debes presentar cando veñas facer a túa solicitude?

1.   

A solicitude (Anexo I.a e Anexo I.b), débese presentar no prazo marcado polo calendario na secretaría do centro no que o alumnado pretenda ser admitido de primeira opción.

2.   

DNI ou NIE.

3.   

Dúas fotos.

4.   

Comunicación de incorporación á Formación Profesional Básica, este documento foi realizado polo equipo de orientación do centro de orixe e entregado a nai/pai/titor/a do alumna/alumno solicitante.

5.   

Certificado de discapacidade, no caso de ir pola quenda de persoas con discapacidade se non se da algunha destas situacións:

·        

Non autorizar a consulta de datos relativos ao certificado de discapacidade.

·        

Se o órgano que emite o certificado de discapacidade non pertence a Administración autonómica de Galicia.

(**) No caso de ser repetidor de primeiro curso ou que teña promoción a segundo deberá presentar:

1.   

A solicitude (Anexo I.a e Anexo I.b), débese presentar no prazo marcado polo calendario na secretaría do centro no que o alumnado pretenda ser admitido de primeira opción.

2.   

DNI ou NIE.

3.   

Dúas fotos

A solicitude deberá estar asinada pola persoa solicitante.

 

Ø 

ERES MENOR DE IDADE?

A solicitude deberá estar asinada por calquera dos pais ou titores legais.

No caso de separación ou divorcio, será necesario a firma de ambos proxenitores, agás o alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

Nestes casos, será necesario presentar, coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.

LIBERADAS AS PRAZAS PARA A MATRÍCULA NOS SEGUINTES CICLOS FORMATIVOS DO IES 12 DE OUTUBRO (Código do Centro 32009116)

 

PODERASE FORMALIZAR A MATRÍCULA (SIN NECESIDADE DE RESERVA PREVIA) ENTRE O 22 DE XULLO E O 27 DE XULLO  AS 13 H

 

CICLOS MEDIOS:

 

CM Mecanizado  (Código CMFME01)

 

CM Instalacións eléctricas e automáticas (Código CMELE01)

 

 

 

CICLOS SUPERIORES:

 

CS Programación da produción en fabricación mecánica( Código CSFME01)

 

CS Sistemas electrotécnicos e automatizados (Código CSELE01)

 

MAIS INFORMACIÓN E IMPRESOS DE MATRÍCULA:

 

http://www.edu.xunta.gal/fp/node/15911

 

PROBAS LIBRES DE CICLOS FORMATIVOS

Nos arquivos adxuntos encontraredes toda a información sobre as probas libres de CCFF

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-21

No arquivo adxunto tedes a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2020-21

FP DUAL: CS TERMALISMO E BENESTAR

O IES 12 DE OUTUBRO será "Centro Colaborador" co CIFP A FARIXA  na impartición da docencia deste Ciclo Formativo.
Podes encontrar toda a información  en
https://www.edu.xunta.gal/fp/ciclo/SIMP05
ou ben pinchado aquí

Distribuir contido